Deporte Galego

Clinic de Pretemporada CGAB: arrinca a nova temporada

  • 10 Setembro 2014 |

Capítulo inaugural no libro de ruta 2014 – 2015 para o Comité Galego de Árbitros: o Clínic de Pretemporada para os colexiados do Grupo 1 e Grupo Sub 23 abre o programa técnico para a presente temporada. A cita está marcada para esta fin de semana, 13 e 14 de setembro, en Lugo (Albergue Residencia Juvenil Lugo II).

A cidade da muralla será a sede este sábado e domingo do traballo de inicio de temporada para 66 colexiados galegos, comandados polo seu Director Técnico, Miguel Ángel Pérez Pérez; e acompañados tamén por 10 informadores e colaboradores CGAB.

Coincidindo coa celebración na vila lucense da Fase Final da Copa Galicia Sénior Masculina, a dirección do CGAB convoca aos colexiados galegos do Grupo 1 e Sub 23 a tomar parte dun bloque de actividades configuradas como Clínic de Pretemporada e punto de inflexión para a progresión de todo un ano.

Probas físicas, reflexión teórica sobre mecánica, normativa e regulamento e traballo de análise en clave psicolóxica compoñen o núcleo principal das dúas xornadas. Nestas contarase ademais coa colaboración e presenza de numerosos adestradores de toda Galicia. Xunto a eles, e baixo a guía do propio Miguel Ángel Pérez Pérez, unificaranse pautas e criterios deportivos.

Oficiais de Mesa: protagonismo especial
A labor de oficial de mesa terá tamén o seu peso destacado no presente Clínic. Representada por 12 oficiais chegados das sete Delegacións Zonais FGB, esta faceta gozará dunha nova oportunidade de analizar e revalorizar o seu peso específico nas diferentes competicións.

Homenaxe especial
O Clínic de Pretemporada pecharase cunha estampa de carácter máis persoal e especial. No momento da súa retirada da arbitraxe en competicións FEB, os seus compañeiros e o CGAB ao completo renderán recoñecemento á traxectoria de Fran Huete e Alberto Castro. Ambos recibirán a gratitude do Comité Galego e de todos os que o compoñen. Un colofón perfecto a toda unha fin de semana de traballo.

No documento que se achega detállanse os horarios e datos completos das accións que conforman este Clínic de Pretemporada. Salientar a presenza no Clínic, con carácter de convidados, dos técnicos FEB Vicente Sanchís e Estévez Camiña; e dos colexiados designados na XXIX edición da Copa Galicia Sénior Masculina: Carlos Cortés, Jacobo Rial, Dani Pazos, Alejandro Pérez Freire e Cristian Martin.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence