Deporte Galego

Debut mundialista para o Director Técnico do Comité Galego de árbitros

  • 30 Agosto 2014 |

Miguel Ángel Pérez Pérez, colexiado ACB e internacional FIBA, ao fronte do Comité Galego de Árbitros dende o ano 2011, amplía esta noite o seu currículo internacional ao máis alto nivel gracias á súa designación para formar parte do trío arbitral, como árbitro principal, no encontro estrea da Selección Estadounidense na Copa do Mundo 2014. Un enfrontamento que cruza esta noite (21:30 h. Bilbao Arena) ao combinado USA co equipo nacional de Finlandia dentro do Grupo C (USA, República Dominica, Finlandia, Nova Zelanda, Turquía e Ucrania).

Miguel Ángel Pérez comparte designación oficial para esta cita co camerunés Kom Njilo e o uruguayo Alejandro Sánchez, integrantes os tres da exclusiva lista de 38 árbitros que a FIBA seleccionou para dirixir os partidos desta edición española da Copa do Mundo.

A presenza do Director do CGAB nesta Copa do Mundo 2014 suma unha recompensa deportiva máis a unha carreira moi ampla tanto no panorama nacional como no internacional. Adestrador superior de baloncesto desde 1998, é Colexiado Internacional FIBA desde 2003, Árbitro Euroliga e Eurocup desde 2003 e Árbitro ACB dende a temporada 1999-2000.

Principales Eventos nos que foi partífice:
Ámbito Nacional:
- 11 Fases Finais da Copa SM Rey (2 partidos na final, 2005 e 2007)
- 7 presenzas no play-off final polo título en Liga ACB.
- Na temporada 2013 - 2014 tomou parte en encontros da Supercopa ACB, Copa do Rey ACB, Top 16 e Play-offs da Euroliga.
- Dirixiu case 500 partidos en Liga ACB.

Ámbito Internacional:
- Eurobasket 2011 (Lituania)
- Copa das Américas 2007 (Las Vegas, EEUU)
- Torneo Preolímpico 2008 (Atenas, Grecia)
- Final do Campinato de Europa Sub 20, Eslovenia
- 2 Final Four Eurochallenge Fiba Europa (Gottingen –Alemania- 2010, Debrecen –Hungría- 2011)

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence