Deporte Galego

Curso online de Iniciación ao arbitraxe

  • 11 Agosto 2014 |

O CGAB amplía as vías polas que calquera interesado en formarse como colexiado ou oficial de mesa pode materializar as súas gañas de aprender.

Salvar as distancias. Ese é o recente obxectivo do Comité Galego de Árbitros que, disposto a achegar a formación en arbitraxe a través dun só click, pon en marcha unha nova edición do seu Curso ON LINE.
 
Co único requisito de dispoñer de ordenador e conexión a Internet, calquera persoa coa intención de converterse en árbitro ou oficial de mesa atopará nesta nova convocatoria "on line" todas as facilidades ao seu alcance.  Xestionando a conexión a través dun enderezo electrónico, cursaranse un total de 14 horas, distribuídas en dúas semanas, do 1 ao 5 e do 8 ao 12 desetembro,  rendabilizando todas as posibilidades que Internet ofrece e recibindo, por suposto, a titorización axeitada. 

 
Flexibilidade horaria

 
O CGAB ofrece unha plataforma na que adaptar a aprendizaxe ao ritmo de vida actual. A flexibilidade horaria é a premisa principal da que os futuros árbitros e oficiais poderán botar man para optimizar o seu tempo, en función das súas necesidades.


 


Programación

 
A condición especial do Curso non fai variar a programación de aulas, nas que se trasladarán as mesmas nocións que recibe calquera alumno dos cursos tradicionais. Regras de xogo, Anotador e Acta, Cronómetro e 24 segundos, Psicoloxía e coñecemento do xogo e iniciación á mecánica arbitral, entre outras, serán as materias sobre as que afondar.
 


Inscrición
 

Para ser parte desta nova experiencia "on line" do CGAB os interesados dispoñen de dúas vías de inscrición, sendo sempre 20 o número mínimo e indispensable de alumnos cos que se dará inicio a cada curso. 


 
Así, desde este mesmo intre, permanecen activos para tal fin: o enderezo electrónico Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. ou, persoalmente, no departamento arbitral das Delegacións zonais FGB. En ambos casos, os inscritos deberán achegar o xustificante de pago da cota actual dos cursos de iniciación do CGAB: 20 euros, a ingresar de xeito previo ao curso na conta ES27 2100 1455 11 0200136257 (la Caixa).

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence