Deporte Galego

O Comité Galego de Árbitros, presente no XVII Clínic de Árbitros FEB

  • 04 Xullo 2014 |
O Comité Galego de Árbitros, presente no XVII Clínic de Árbitros FEB
(Foto: FEB)

O Director Técnico do Comité Galego de Árbitros, Miguel Ángel Pérez; protagoniza este venres, 4 de xullo; a axenda do XVII Clínic de Árbitros FEB, actividade proposta en clave de formación deportiva e humana que reúne desde o luns, 30 de xuño; en Alcázar de San Juan a un total de 24 colexiados das distintas Federacións Autonómicas, entre os que se atopa o galego do Grupo 1 CGAB, Javier Villar.

Miguel Ángel Pérez, colexiado ACB e Internacional FIBA; pecha este venres coa súa intervención un ciclo de charlas dirixidas aos indicados 24 participantes. A sesión teórica do Director Técnico do CGAB, baixo o título "O Criterio: uniformidade e equilibro", completa un cadro de relatorios impartidos da man de auténticos profesionais do baloncesto de élite entre os que destaca o tamén galego. ACB e internacional, Carlos Cortés.

A XVII edición do Clínic de Árbitros FEB contou ademais coa presenza destacada do Seleccionador nacional feminino, Lucas Mondelo; do árbitro internacional italiano Luigi Lamonica e do doutor Antonio Escribano. Por parte da AEBA, ademáis de Miguel Ángel e Carlos Cortes, tomaron parte Juan Carlos Arteaga, Juan Carlos García e Antonio Conde.

O resto de conferencias correron por conta dos Técnicos e colaboradores da Área de Arbitros FEB: Pedro Rocío, Víctor Más, Ángel de Lucas, Clara Baquero e Javier Pinilla.

XVII Clínic de árbitros FEB

Luns:
Victor Más: "Mecánica de dous árbitros"

Martes
Victor Más: "Analizando o xogo"
Lucas Mondelo: "Baloncesto e arbitraxe"
Juan Carlos García: "Lectura e manexo do partido"
Antonio Escribano: "Nutrición no deportista"

Mércores:
Carlos Cortés: "Lectura do xogo"
Antonio Conde: "O tempo do partido"

Xoves
Luigi Lamonica: "Accións dos xogadores fóra do balón" e "Carga-Bloqueo"
Clara Baquero: "A fortaleza mental do árbitro de baloncesto"
Juan Carlos Arteaga: "A arbitraxe a través do sentido das cores"

Venres
Miguel Ángel Pérez: "O criterio: uniformidade e equilibrio"
Juan Carlos Arteaga: "Diferentes aspectos da técnica da arbitraxe" e "Posición - Balón - Visión"

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence