Deporte Galego

Adestradores: dobre convocatoria en iniciación para pechar a temporada

  • 23 Maio 2023 |

A área de adestradores FGB activa dous novos Cursos de Iniciación a celebrar o vindeiro mes de xuño.

Con sede nas Delegacións de Coruña e Vigo, levaranse a cabo dous cursos de nivel iniciación e baixo a normativa para adestradores e carga didáctica vixente na presente temporada.

Ambos as convocatorias repartirán a súa carga lectiva en fase presencial e fase online, comezando esta última ao remate da formación en persoa.

Detallamos a continuación as datas, sedes e proceso de inscrición concretos para ambas as citas:

Curso Iniciación - Delegación Coruña
Formación Presencial: 16, 17 e 18 de xuño.
Sede: Agra 2 - A Coruña

Curso Iniciación - Delegación Vigo
Formación Presencial: 9, 10 e 11 de xuño.
Sede: CUVI - Vigo.

Inscrición

A inscrición debe realizarse seguindo tres pasos:

1. Cumprimentar e enviar o FORMULARIO ONLINE DE PREINSCRICIÓN

2. Unha vez enviado o formulario, é preciso remitir vía mail a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. a seguinte documentación:

• Xustificante de pago da cota de inscrición do Curso: 200 euros a ingresar en Caixabank: ES96 2100 1455 14 0200227406.

Esta taxa inclúe matrícula das convocatorias ordinarias, docencia, atención titorial, certificación de diplomas, documentación do curso e material didáctico.

• Unha Fotografía tamaño carné e unha Fotocopia do DNI (unicamente se non se ten licencia en vigor na FGB).

A FGB confirmará a inscrición unha vez reciba tanto o formulario como os documentos de cada alumno.

O prazo de inscrición pecharase o vindeiro 5 de xuño para a convocaria viguesa e o 12 de xuño para a cita en A Coruña.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis