Deporte Galego

Cita en decembro cun novo “Taller Específico de Minibasket"

  • 17 Novembro 2022 |

A Área Deportiva FGB e CD Bosco coorganizan unha nova convocatoria formativa baixo o formato “Obradoiro Específico de Minibasket”. Esta cita, aberta a todos aqueles adestradores e adestradoras que desexen participar, terá lugar o vindeiro sábado, 3 de decembro; no Pavillón vigués de Navia.

Este Obradoiro co minibasket como eixo central ofrecerá dobre sesión de charlas da man de dous técnicos con ampla experiencia nesta categoría: Roberto Rajó (Celta Baloncesto Feminino) e Darío Méndez (Porriño Baloncesto Base).

O Taller abrirase a partir das 10:30 h coa intervención de Roberto Rajó trantando o ataque "con fluidez en minibasket”. Acto seguido, a partir das 12:00 h, a quenda será para Darío Méndez coa pregunta: Por onde comezamos?

Inscrición
A asistencia a esta proposta de Taller é completamente de balde e debe articularse mediante inscrición previa vía FORMULARIO WEB. O prazo para o envío desta solicitude rematará o vindeiro día 1 de decembro ás 14:00 h.

Validación

A participación neste "Taller Específico de Minibasket" poderá validarse por un total de 6 HORAS formativas nos seguintes casos: 

- Alumnos que se atopen realizando as prácticas das titulación de Nivel 1, Nivel 2 e Superior.

- Alumnos dos cursos de Iniciación que xa participaran con anterioridade noutro "Taller Específico Minibasket". 

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis