A Área Deportiva FGB activa nova convocatoria da Formación en Iniciación para adestradores.
Confígurándose como a cuarta cita da actual temporada 2022 – 2023 para este nivel didáctivo, este novo curso de iniciación celebrarase presencialmente na localidade de A Estrada. As aulas presenciais terán lugar os vindeiros 6 e 8 de decembro baixo as seguintes premisas:
Formación Presencial
Sede: Pavillón Manuel Coto Ferreiro.
Horario: de 9:00 h a 14:00 h h e de 16:00 h a 21:00 h ambas as datas.
Formación online
Comezará unha vez se cumpra a fase presencial.
Inscrición
A inscrición debe realizarse seguindo tres pasos:
1. Cumprimentar e enviar o FORMULARIO ONLINE DE PREINSCRICIÓN
2. Unha vez enviado o formulario, é preciso remitir vía mail a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. a seguinte documentación:
• Xustificante de pago da cota de inscrición do Curso: 200 euros a ingresar en Caixabank: ES96 2100 1455 14 0200227406.
Esta taxa inclúe matrícula das convocatorias ordinarias, docencia, atención titorial, certificación de diplomas, documentación do curso e material didáctico.
• Unha Fotografía tamaño carné e unha Fotocopia do DNI (unicamente se non se ten licencia en vigor na FGB).
A FGB confirmará a inscripción unha vez reciba tanto o formulario como os documentos de cada alumno.
O prazo de inscrición péchase o vindeiro 30 de novembro (ás 18:00 h).