Deporte Galego

Actívase novo prazo para a tramitación da homologación e convalidación dos títulos federativos de adestrador

  • 29 Setembro 2022 |

O pasado 27/07/2022 publicouse o Real Decreto 628/2022, do 26 de xullo polo que se modificaba o Real Decreto 1363/2007, do 24 de outubro, no que afecta, entre outras situacións, ao prazo de 10 anos que outorgaba o citado real decreto aos adestradores formados antes de 1999 para obter os efectos académicos ou profesionais respecto do título correspondente.

Así no seu artigo 7, catro a) recolle que “a) Os expedientes para homologación, convalidación e equivalencia iniciaranse a solicitude individual, conforme ao establecido nesta disposición adicional”.

Isto afecta os adestradores con formación promovida antes de 1999 recoñecida no BOE e cuxos efectos tanto académicos como profesionais están publicados en BOE e cuxo prazo de 10 anos expirou. Esta modificación permitirá que os adestradores cuxa resolución foi denegatoria no seu momento ou que non se presentou por expirar o prazo, poden volver solicitar os efectos que lle corresponda.

Esta modificación permite normalizar a situación de moitos adestradores que non obtiveron no seu momento os efectos correspondentes. Á súa vez, permite aos adestradores obter os efectos profesionais naqueles contextos de regulación das profesións do deporte.

O procedemento é similar ao establecido actualmente: debe presentarse solicitude de homologación ou equivalencia e certificado da Federación Española correspondente, así como acreditar polo menos 3 anos de experiencia como monitor ou adestrador da modalidade. No caso daqueles adestradores que desexen obter os efectos académicos, debendo presentar ademais do título académico, o resgardo de matrícula nun centro autorizado que imparta as ensinanzas da modalidade.

Info completa na seguinte LIGAZÓN

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis