Deporte Galego

Adestradores: a delegación FGB en Ferrol activa convocatoria formativa en iniciación

  • 26 Setembro 2022 |

A formación en iniciación para adestradores fai parada no Concello de Cedeira.

A delegación FGB en Ferrol celebra nesta localidade un novo curso de iniciación para adestradores, o terceiro do actual calendario formativo da área Deportiva FGB nesta temporada 2022 – 2023.

O concello de Cedeira será sede para esta nova convocatoria, contando esta coas seguintes características:

Sede: Pavillón Municipal de Cedeira
Formación Presencial: 30/09/22 e 01 e 02/10/22
Formación online: comezará unha vez se cumpra a fase presencial.

A carga lectiva do propio curso e a complementaria solicitada aos alumnos e alumnas dos cursos FGB pode consultarse na normativa que achegamos.

Inscrición
A inscrición nesta convocatoria debe realizarse seguindo tres pasos:
1. Cumprimentar e enviar o FORMULARIO ONLINE DE PREINSCRICIÓN
2. Unha vez enviado o formulario, é preciso remitir vía mail a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. a seguinte documentación:
• Xustificante de pago da cota de inscrición do Curso: 200 euros a ingresar en Caixabank: ES96 2100 1455 14 0200227406. Esta taxa inclúe matrícula das convocatorias ordinarias, docencia, atención titorial, certificación de diplomas, documentación do curso e material didáctico.
• Unha Fotografía tamaño carné e unha Fotocopia do DNI (unicamente se non se ten licencia en vigor na FGB).
Unha vez se reciba correctamente na FGB tanto o formulario como os documentos, os alumnos recibirán un email de confirmación.

Na vixente convocatoria o prazo de inscrición rematará o 29 de setembro (ás 18:00 h)


volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis