Deporte Galego

Ourense acolle o Clínic “Copa Galicia - Vicente 'Nino' Santos"

  • 12 Setembro 2022 |

Federación Galega de Baloncesto e AD Bosco Salesianos poñen en marcha o Clínic “Copa Galicia”. No marco da Fase Final da XXXVI Copa Galicia Feminina, ambas as entidades activan este actividade formativa, a celebrar en Ourense este sábado, 17 de setembro: como perfecto preludio á Final da competición copeira, marcada para esa mesma data.

Tres adestradores de máxima referencia serán os protagonistas desta nova iniciativa didáctica. Os galegos Miguel Méndez e Diego Ocampo, e o técnico vasco Iñaki Martín conformarán un completo programa a desenvolver en horario de mañá no Pazo dos Deportes "Paco Paz"

Diego Ocampo, actual adestrador do Tizona Burgos (LEB Prata) abrirá a mañá de aprendizaxe a partir das 10:00 h, recollendo a testemuña a partir das 11:30 h o Seleccionador Español Feminino, Miguel Méndez.
Finalmente, o broche do Clínic virá coa intervención de Iñaki Martín. O técnico axudante no Movistar Estudiantes da pasada temporada 21 – 22 saltará a pista a partir dás 13:00 h. As temáticas das súas tres charlas están tamén xa definidas: 

Diego Ocampo: "Optimizar o tempo dende a metodoloxía defensiva".
Miguel Méndez: "Ataque contra zona: distintos planos e enfoques".
Iñaki Martín: "Establecendo rutinas no traballo de pretemporada".

Inscrición
As adestradoras e adestradores que desexen participar neste  Clínic "Copa Galicia" poderán facelo de balde, achegando previamente a súa solicitude de inscrición vía Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. antes das 13:00 h deste venres, 16 de setembro. Na mesma débese indicar o nome e apelidos, club de procedencia e Título do Clínic.

Como maior aliciente reseñar que toda persoa que se inscriba e participe recibirá unha invitación gratuíta para asistir a final da Copa Galicia, a celebrar ese mesmo sábado (19:00 h) tamén Pavillón dos Deportes Paco Paz.

Validación
Ademáis do agasallo da entrada para a Final de Copa, os alumnos dos cursos de adestradores FGB que participen na súa totalidade neste Clínic "Copa Galicia" poderán validar a súa presenza por un total de 10 horas de formación complementaria. Este proceso tramitarase do xeito habitual.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis