Primeiras datas no calendario formativo para adestradores na temporada 2022 – 2023.
As Delegación FGB en Arousa e Lugo son as primeiras en establecer as súas convocatorias 22 – 23 nesta área de traballo. Co remate do verán abrirán os dous primeiros cursos no nivel iniciación, con sede e datas xa marcadas:
Delegación Arousa
Sede: Vilagarcía de Arousa
Datas Formación Presencial: 02, 03 e 04/09/22
Delegación Lugo
Sede: Sarria
Datas Formación Presencial: 02, 03 e 04/09/22
En ambos os casos, a formación online comezará unha vez se cumpra a fase presencial.
A normativa completa que especifica ao detalle a carga lectiva e a complementaria para os cursos de adestradores neste estadío de iniciación pode consultarse tamén no documento que achegamos.
Inscrición
A inscrición para estas dúas primeiras convocatorias debe realizarse cumprindo os seguintes pasos:
- Cumprimentar e enviar o FORMULARIO ONLINE DE PREINSCRICIÓN
Unha vez enviado, é preciso remitir vía mail a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. a seguinte documentación:
- Xustificante de pago da cota de inscrición do Curso: 200 euros a ingresar en Caixabank: ES96 2100 1455 14 0200227406. Esta taxa inclúe matrícula das convocatorias ordinarias, docencia, atención titorial, certificación de diplomas, documentación do curso e material didáctico.
- Unha Fotografía tamaño carné e unha Fotocopia do DNI (unicamente se non se ten licencia en vigor na FGB).
Unha vez se reciba correctamente na FGB tanto o formulario como os documentos, os alumnos recibirán un email de confirmación.
En ambas as convocatorias o prazo de inscrición rematará o 29 de Agosto.