Deporte Galego

Cursos de Iniciación para Adestradores: Próximas Convocatorias en Vigo e Santiago

  • 03 Maio 2022 |

A Área deportiva FGB mantén abertas dúas convocatorias para a formación en iniciación para adestradores con sede nas zonais de Vigo e Santiago.

 

Fase Presencial

A primeira etapa dos Cursos levarase a cabo de xeito presencial, estando marcado o calendario en cada convocatoria para celebrarse nas seguintes datas:

Delegación Vigo - Localidade: Vigo - 27, 28 e 29 de maio.

Delegación Santiago. Localidade: Noia -  10, 11 e 12 de xuño.

Fase Online

Unha vez completada a formación presencial en cada caso, abrirase unha etapa de aulas virtuais que se estenderá ao longo de dúas semanas e que se materializará través do Campus Online da propia FGB.

Ambos os dous períodos encádranse no marco normativo da formación para adestradores FGB 2021 – 2022, o cal pode consultarse no documento oficial correspondente.

Preinscrición

As persoas interesadas en solicitar a súa preinscrición nalgunha das catro convocatoria deben seguir este proceso.

Cumprimentar e enviar o FORMULARIO DE PREINSCRICIÓN

Unha vez tramitado o paso anterior, deben enviar vía mail a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. a seguinte documentación:

  • Xustificante de pago da cota de inscrición do Curso (200 euros a ingresar en Caixabank: ES96 2100 1455 14 0200227406. Esta taxa inclúe matrícula das convocatorias ordinarias, docencia, atención titorial, certificación de diplomas, documentación do curso e material didáctico).
  • Unha Foto carné e unha Fotocopia do DNI (unicamente se non se ten licencia en vigor na FGB).

A data límite para tramitar a preinscrición queda marcada en cada caso:

Vigo: 24 de maio.

Santiago: 7 de xuño.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence