Deporte Galego

A Aula Formativa de Adestradores FGB abre o 2022

  • 22 Decembro 2021 |

A Área Deportiva FGB comeza o 2022 con Formación. A convocatoria a primeira "Aula Formativa do Adestrador Galego" do novo ano está programada para o día dous de xaneiro, en Ferrol; realizándose coa colaboración do Club Baloncesto Costa Ártabra e o Concello local.

Nesta ocasión a “Aula Formativa” contará coa presenza de dous técnicos galegos, colaboradores habituais da Área Deportiva FGB e do seu proceso formativo. Eles son Carlos Penedo, adestrador axudante en Basquet Coruña (Leb Oro) e César Iglesias, Adestrador do AMFIV Vigo e profesor da Escola de Adestradores FGB.

As súas dúas sesións serán de carácter téorico práctico e levaranse a cabo en horario continuado de 10.30 h (Carlos Penedo) e 12.015 h (César Iglesias).

Inscrición
A inscrición nesta nova convocatoria da “Aula Formativa do Adestrador Galego", solicitarase do xeito habitual: enviando un email a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. indicando: nome e apelidos, DNI, club de procedencia e aula específica a que se desexa asistir.
Estos datos son imprescindibles de cara a tramitación da validación formativa desta actividade, a cal computará por 8 horas de Formación Complementaria para os alumnos e alumnas dos Cursos FGB, sempre que se asista á xornada completa.

A marxe temporal para solicitar a incrición remata o vindeiro 30 de decembro, ás 14.00 h.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence