Deporte Galego

Adestradores: a zonal FGB en Vigo convoca curso de iniciación

  • 22 Novembro 2018 |

A Delegación FGB en Vigo abre convocatoria para o segundo curso xeral da presente temporada 2018 - 2019 no ámbito da formación en iniciación para Adestradores. Con sede na propia cidade olívica, e destinada a realizarse na primeira fin de semana de decembro, esta cita didáctica mantén xa aberta o seu prazo de inscrición baixo a seguinte programación e requisitos:

Curso Iniciación Adestradores - Vigo (decembro 2018) 

Data Límite inscrición: 04/12/18

Fase Presencial

07/12/18: de 09:00 a 14:30 h e de 16.00 h a 20.00 h (Sede: Pavillón Universitario CUVI).

08/12/18: de 10:30 h a 13:30 h e de 16.00 h a 20.30 h (Sede: Pavillón Universitario CUVI).

09/12/18: de 09:00 a 14:30 h e de 16.00 h a 21.00 h (Colexio Salesianos VIGO).

Fase non presencial e avaliativa

Materializarase a través da Plataforma de Formación online FGB entre o 12 de decembro e o sete de xaneiro de 2019. 

Inscrición

As persoas interesadas en xestionar a súa inscrición deben remitila a través da Delegación implicada (Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.) antes do catro de decembro, cumprindo estos requisitos. 

1. Executar o pago da cota de preinscrición (200 euros - Caixabank: ES96 2100 1455 14 0200227406), taxa que inclúe matrícula das convocatorias ordinarias, docencia, atención titorial, certificación de diplomas, documentación do curso e material didáctico.

2. Envío, vía mail, á delegación zonal do xustificante do ingreso, así como do formulario de inscrición.

A documentación e formularios precisos para completar este proceso achégase xunto a esta información. 

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis