Deporte Galego

Adestradores: Santiago e Arousa preparan Curso de Iniciación

  • 27 Abril 2018 |

As Delegacións FGB en Santiago e Arousa promoven un curso de iniciación para adestradores, a realizar en formato conxunto e co obxectivo de materializar a didáctica durante o próximo mes de maio.

A formación neste caso realizarase de xeito combinado, permanecendo aínda por decidir a sede xeográfica na que terá lugar a carga práctica, pero abrindo xa a posibilidade a todos os interesados de inscribirse ou solicitar información: 

O peso lectivo, así como a normativa básica deste novo curso poden consultarse nos documentos que se achegan, tendo en conta que todo o proceso se levará a cabo baixo o seguinte calendario:

Fase Presencial
Delegación Santiago/ Delegación Arousa: 17, 19 e 20 de maio. (Sede: por confirmar). Prazo de inscrición: aberto ata 14/05/18.

Fase non presencial e avaliativa
A realizar nas tres semanas posteriores á xestión práctica. Acometerase a través da Plataforma de Formación online FGB.

Inscrición

As persoas interesadas en xestionar a súa inscrición deben remitila a través da respectiva Delegación (Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. ou Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.) seguindo estes dous pasos:

1. Executar o pago da cota de preinscrición (200 euros - Caixabank: ES96 2100 1455 14 0200227406), taxa que inclúe matrícula das convocatorias ordinarias, docencia, atención titorial, certificación de diplomas, documentación do curso e material didáctico.

2. Envío, vía mail, á delegación zonal do xustificante do ingreso, así como do formulario de inscrición.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis