A Delegación FGB en Santiago pon en marcha o que será o derradeiro Curso de Formación en Iniciación para adestradores da temporada 2016 – 2017. A localidade de Rianxo é a escollida como sede presencial para esta convocatoria.
A zonal compostelá celebrará esta cita en cuestión coa novidade do formato express: 18 horas a realizar, obrigatoriamente, de xeito presencial, e as restantes que marca a carga lectiva a través da Plataforma "on line" FGB:
Formación Non Presencial (Vía Plataforma on line FGB): inicio o 01/06/2017.
Formación presencial: 17 - 18/06/17. Sede: Pavillón Municipal Rianxo.
Inscrición: aberta ata o 30/05/2017
Os interesados en tramitar a súa inscrición deben xestionala a través da indicada Delegación FGB en Santiago. Para formalizar este proceso será preciso realizar, en primeira instancia, o pago da cota de preinscrición (200 euros - Caixabank: ES96 2100 1455 14 0200227406) e, posteriormente, remitir vía mail (Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.) o xustificante de ingreso, así como o formulario de inscrición.
Programa de Bolsas
A Federación Galega de Baloncesto mantén activo un programa de bolsas económicas para a matrícula neste cursos. Todos os alumnos dos mesmos poderán optar a axudas sempre que sexan nados no ano 1995 ou posteriores, residentes en Galicia e resulten APTOS en primeira convocatoria.
Nos documentos que se achegan remítense as bases e información concreta tanto para a realización do curso, como para a solicitude das bolsas. Así mesmo, no apartado FORMACIÓN en INICIACIÓN atópanse todos os datos precisos.