(Info: Básquet Coruña) O novo programa de "charlas formativas" posta en marcha polo club herculino comeza este mesmo martes, 16 de febreiro; ás 22:30 horas na Polideportiva de Riazor -2 da man de Javier Codesido.
A Área de Adestradores FGB recoñecerá tres horas de formación complementaria por cada charla á que asistan os alumnos en prácticas dos Cursos Federativos.
Baixo o título "E ti como adestras?" Básquet Coruña celebra a partir deste martes unhas xornadas de formación para adestradores, avaladas pola Federación Galega de Baloncesto.
Entre os relatores figuran adestradores e profesionais do basket de recoñecido prestixio na Coruña e na súa ampla zona de influencia xeográfica. Na maior parte dos casos trátase de adestradores superiores ben coñecidos polo seu traballo e traxectoria.
O prazo de inscrición está aberto para todas as sesións, que son gratuitas e abertas a todos os adestradores da cidade e área metropolitana. O lugar e hora de celebración será, en todos os casos, a Polideportiva de Riazor 2, ás 22:30 horas.
Programación
As xornadas comezan este mesmo martes ás 22:30 horas da man de Javier Codesido, quen tratará sobre "Aprender a xogar sen o balón. Atacar espazos, crear espazos".
A programación das próximas charlas é a seguinte:
23 de febreiro: "Estrutura defensiva: Conceptos individuais e colectivos" - Carlos Cortés.
15 de marzo: "Estructuración da sesión e unidade básica de adestramento" - Javier Rodríguez.
31de marzo: "Aprendendo a adestrar a defensa individual" - Javier Cotelo.
12 de abril: "Tecnificar en todas as idades. Propostas para equipo LEB" - Charlie Uzal.
21 de abril: "O 1x1 tras xogo sen balón. Atacar sobre o pase" - Román Gómez.
5 de maio: "Fomentar a liberdade para decidir" - Fernando Buendía.
19 de maio: "Metodoloxía da técnica individual en categorías de formación" - Jorge Iglesias.
9 de xuño: "Adestramento do tiro nas diferentes idades de formación" - Mª José Cousillas.
Para realizar a inscrición os interesados poden dirixirse ao Club a través do correo Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. ou do teléfono 981 264 022.