Deporte Galego

XIII Certame de Debuxo: "O Baloncesto e o Nadal"

A FGB, en colaboración co Banco de Alimentos Rías Altas e con Amura Sport; pon en marcha a XIII edición do seu “Certame de Debuxo: O Baloncesto e o Nadal”, concurso que cada temporada decide a postal que desexará boas festas a todos os federados, e que este ano ten un compoñente solidario e especial.

A Federación Galega de Baloncesto aposta polo 3x3

Da man do Club Santa Baia – Match Up 3x3, primeiro club galego oficial na modalidade 3x3; a entidade federativa acometerá un novo proxecto de impulso e consolidación en Galicia desta modalidade do Baloncesto.  

Seleccións Galegas: Programación Minibasket

A categoría Minibasket inicia a actividade no ámbito das Seleccións Galegas nesta temporada 2022 – 2023.

A inminente chegada do novo ano abre a súa programación de traballo, a cal se estenderá ata o futuro mes de abril, mes establecido para a meta do seu camiño: o Campionato de España. 

Designadas as sedes dos Campionatos de España 22/23 e 23/24

A Comisión Executiva da FEB designou as sedes dos Campionatos de España de Clubs das dúas próximas tempadas. Tamén hai sede confirmada para as tres próximas edicións do Campionato de España de Seleccións Autonómicas de Minibasket.

O Concello de Marín, coa colaboración de Club Baloncesto Marín Peixegalego, volverán a ser anfitrións esta temporada 22 - 23 dun Campionato de España de Clubs: o Infantil Feminino. 

Galicia será sede tamén para esta categoría, en masculino e feminino, na vindeira temporada 23 - 24.

Cita en decembro cun novo “Taller Específico de Minibasket"

A Área Deportiva FGB e CD Bosco coorganizan unha nova convocatoria formativa baixo o formato “Obradoiro Específico de Minibasket”. Esta cita, aberta a todos aqueles adestradores e adestradoras que desexen participar, terá lugar o vindeiro sábado, 3 de decembro; no Pavillón vigués de Navia.

Seleccións Galegas: Programación Cadete e Infantil

As Seleccións Galegas 2022 - 2023 Infantís e Cadetes afrontan nesta temporada 2022 - 2023 un calendario de traballo que se estende durante cinco meses, de setembro a xaneiro; e que repartirá as súas concentracións nos catro primeiros.

Co Campionato de España en xaneiro 2023 como a meta principal, a Área Deportiva FGB configurou unha programación para os combinados galegos na que repartir o peso do traballo e na que poder configurar as diferentes convocatorias precisas.

Fases Clasificatorias FGB: últimas prazas de ascenso en xogo

Compostela volve a ser escenario para as roldas clasificatorias á 1º División FGB.

As dúas categorías que restan por poñer en xogo os seus ascensos vivirán na capital galega o desenlace das súas Fases Previas. Son a cadete femenina e a infantil masculina, nas que se compite por unha e dúas prazas de ascenso, respectivamente.

A arbitraxe de Baloncesto dá o salto ás aulas

A Federación Galega de Baloncesto e o colexio coruñés Liceo la Paz unen as súas estruturas no marco dun proxecto pioneiro que permitirá impartir formación en iniciación á arbitraxe como actividade integrada na oferta educativa do propio centro escolar.

Actívase novo prazo para a tramitación da homologación e convalidación dos títulos federativos de adestrador

O pasado 27/07/2022 publicouse o Real Decreto 628/2022, do 26 de xullo polo que se modificaba o Real Decreto 1363/2007, do 24 de outubro, no que afecta, entre outras situacións, ao prazo de 10 anos que outorgaba o citado real decreto aos adestradores formados antes de 1999 para obter os efectos académicos ou profesionais respecto do título correspondente.

A Copa Galicia EBA vive a súa posta de longo en Carballo

Carballo presenta a Fina da Copa Galicia EBA, que se disputará este domingo, 2 de outubro; ás 12:00 h, entre o CALVO Basket Xiria e o UCOGA CB Chantada.

O Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero; acompañado polo presidente da Comisión Xestora da Federación Galega, Francisco Martín; coincidiron na festa do baloncesto que se vai vivir este domingo no Pavillón carballés e intercambiaron palabras de encomios e recoñecemento mutuo, así coma un recordo común ao ex-tesoureiro da FGB, o carballés Ricardo Méndez.

Carballo, sede para a Final da Copa Galicia EBA

A Federación Galega de Baloncesto, concede ó Concello de Carballo e a Escola Basket Xiria a celebración da final da COPA GALICIA EBA.

O Calvo Basket Xiria xogará en Carballo a final da COPA GALICIA EBA 22/23 contra o Ucoga CB Chantada, no Pavillón Vila de Noia, o vindeiro domingo 2 de Outubro ás 12h. Carballo, a 26 de setembro do 2022.

A Final poderase seguir en DIRECTO vía FEGABA TV. 

Fases Clasificatorias FGB: Dez prazas de ascenso en xogo

Compostela será escenario este sábado, 24 de setembro; das primeiras roldas finais das Fases clasificatorias ás Primeiras Divisións FGB. As categorías Júnior Masculina, Júnior Feminina e Cadete Masculina saltarán a pista para dilucidar que equipos obteñen en cada caso as prazas de ascenso en xogo. 

O formato de competición marcado establece que o total dos gañadores dos dez encontros que se disputarán en Santiago faranse coa súa praza en 1º División.

XXXV Copa Galicia Sénior Feminina: BAXI Ferrol, Campión

Baxi Ferrol, campión da última edición da Copa Galicia, busca como anfitrión revalidar un trofeo que suma a súa XXXV edición e que ademáis este ano se convirte tamén no Trofeo "Concello de Ferrol".

As locais, xunto a Durán Maquinaria Ensino, Celta Zorka Recalvi e CB Arxil, chegando as de Mayte Méndez clasificadas desde a Fase Previa, ofrecerán no Pavillón de A Malata unha Copa Galicia con aires de temporada renovada que se poderá vivir en directo en FEGABA TV.

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis