
Con motivo dos informes do Goberno de España e da Xunta de Galicia sobre as medidas postas en marche ante COVID-19, a Federación Galega de Baloncesto quere comunicar os seguintes acordos:
– APRAZAR INDEFINIDAMENTE todos os encontros de categorías dende 1ª Div. Masculina ata Preminibasket.
– MANTER PECHADAS as súas oficinas, nun principio ata o 30-03-20, dando o servizo vía mail.
Debido a esta situación excepcional queremos remarcar que esta Federación sempre actuará en consecuencia coas decisións e recomendacións adoptadas polas autoridades competentes. Así mesmo, nos mails oficiais que lembramos a continuación, quedamos a vosa disposición ante calquera dúbida ou cuestión:
Sede Central
Delegacións Zonais










