Activo o Programa de Voluntariado “FEGABA”

Abrimos a inscrición no novo Programa de Voluntariado “FEGABA” e facémolo co Campionato de España de Clubs Cadete Feminino como primeira grande oportunidade!

Ofrecemos a posibilidade de poder participar con nós nesta cita nacional, que se celebraremos en Compostela entre o 19 e 25 de maio coa imprescindible colaboración do Concello de Santiago.

Grazas a esta primeira iniciativa do Programa de Voluntariado “FEGABA” poderedes vivir a dinámica do Campionato colaborando de xeito voluntario en diferentes tarefas do mesmo, compartindo tamén unha experiencia deportiva única.

Para tramitar a vosa solicitude e entrar na nosa nova Comunidade de acción voluntaria é preciso rexistrarse AQUÍ!. Será imprescindible ter 16 anos ou máis. 

O número total de prazas voluntarias dispoñibles para esta convocatoria do Campionato son un total de 30.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram