A Federación Galega de Baloncesto abre período de inscrición para xogadores e xogadoras interesados en participar como deportistas nas charlas en pista que se celebrarán do marco do XXIV Clinic Deputación de Ourense.
Este evento terá lugar no Pazo dos Deportes “Paco Paz”, os vindeiros sábado e domingo, 29 e 30 de Xuño; finalizando este último día, ao mediodía.
Poderán optar a ser elixidos nesta convocatoria aqueles deportistas que cumpran os seguintes requisitos:
- Xogadores e xogadoras federadas, maiores de idade
- Que se atopen actualmente na franxa sub23, é dicir, nados entre 2002 e 2006.
- Ter competido, polo menos, en Liga EBA, Liga Feminina 2 ou Ligas FEB superiores, durante unha temporada completa.
Unha comisión creada para tal fin será a encargada de elixir, dentro das solicitudes presentadas; aos 18-20 xogadores ou xogadoras definitivos que participarán no Clinic.
As persoas seleccionadas terán cuberto o aloxamento e a manutención en Ourense durante o sábado 29 e o domingo 30, mentras dure a celebración do Clinic e baixo designación do lugar pola propia Deputación de Ourense.
Así mesmo, os participantes terán a cobertura médica integrada no seu seguro federativo.
Será un dos colaboradores técnicos do equipo de xestión do Clinic, a persoa encargada de ordenar a participación e control dos deportistas nas charlas, de común acordo.
Os interesado e interesadas en solicitar a súa inscrición deben cumprimentar o formulario que achegamos a continuación. O Prazo para este proceso estenderase do 20 de maio ao 7 de xuño












