Abre o prazo de inscrición para o Circuíto “DepOUrense Basket 3×3”

A Federación Galega de Baloncesto abre o prazo de inscrición para o Circuíto “DepOUrense Basket 3×3”  iniciativa da institución provincial en colaboración coa FEGABA, integrada no Programa de Fomento Deportivo 2026 da Deputación de Ourense.

O circuíto percorrerá seis concellos da provincia ao longo de diferentes datas neste verán:

  • Muíños – 16 de agosto.
  • Ribadavia – 21 de agosto.
  • O Carballiño – 22 de agosto.
  • Xinzo de Limia – 29 de agosto.
  • Allariz – 30 de agosto.
  • O Barco de Valdeorras – 5 de setembro.

Os dous equipos finalistas de cada categoría en cada sede clasificaranse para a gran final, que se disputará o 19 de setembro no Pazo dos Deportes Paco Paz de Ourense.

O Circuíto “DepOUrense Basket 3×3” está aberto a xogadores federados e non federados, coas categorías de preminibasket e minibasket, infantil e cadete, e júnior e sénior, admitindo equipos masculinos, femininos e mixtos. A competición será de carácter mixto. 

Cada sede contará ademais cunha programación de animación e actividades complementarias.

Inscrición

A inscrición realizarase a través dos seguintes formularios web correspondentes a cada sede e data:

“DepOUrense Basket Circuíto” – Concello de Muíños – 16/08/26

“DepOUrense Basket Circuíto” – Concello de Ribadavia – 21/08/26

“DepOUrense” Basket Circuíto” – Concello de Carballiño – 22/08/26

“DepOUrense” Basket Circuíto” – Concello de Xinzo de Limia – 29/08/26

“DepOUrense” Basket Circuíto” – Concello de Allariz – 30/08/26

“DepOUrense” Basket Circuíto” – Concello do Barco de Valdeorras – 05/09/26

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram