
Os vindeiros cursos de iniciación programados pola Escola Galega de Adestradores da FGB abren no día de hoxe o seu prazo de inscrición, proceso que se estenderá ata o vindeiro oito de maio.
As zonais de Arousa, Lugo, Ourense e Coruña – Ferrol, estas dúas últimas de xeito coordinado, concentrarán esta actividade formativa, cada unha cunhas datas de celebración axeitadas ao seu programa de traballo.
Datas de celebración – Cursos de Iniciación
Delegación Arousa: 17, 18, 19 e 20 de maio.
Delegación Lugo: 17, 18, 19 e 20 de maio.
Delegación Ourense: 17, 19, 20 e 27 de maio.
Delegación Coruña – Ferrol: 17, 19, 20, 26 e 27 de maio.
Seguindo o proceso habitual, o persoal responsable de cada Delegación atenderá as cuestións e recollerá as inscricións de todos os interesados en participar. Así mesmo, no correo adestradores@fegaba.com darase resposta ás diferentes preguntas que este proceso poida carrexar.
Cursos de Iniciación 2011 – 2012: convocatoria e requisitos.
Cursos de Iniciación 2011 – 2012: formulario de inscrición.
Bolsas de Ayuda – Formulario Solicitud 2011 – 2012.












