– Un total de 250 xogadores das xeracións 2015 e 2016 participarán nesta nova edición da Xuntanza, que se desenvolverá o luns, 12 de outubro, no pavillón de FIMO.
Ferrol acolle un ano máis a Xuntanza Minibásquet que organizamos dende a Federación Galega de Baloncesto en colaboración co Concello de Ferrol.
Celebrarase o luns, 12 de outubro; no pavillón de FIMO e configúrase como unha nova cita do noso programa de seguimento e avaliación. Nela, da man de diferentes adestradores e adestradoras chegadas de toda Galicia, contaremos coas seleccións das sete delegacións zonais FEGABA, así como Cun dobre combinado autonómico denominado “Galicia 2016”.
Serán 16 equipos que terán por diante un calendario de partidos que permitirá encher FIMO de baloncesto e aprendizaxe, pero afastándose do aspecto estritamente competitivo. Os encontros desenvolveranse en tres pistas e cada equipo disputará un total de tres partidos.
Calendario – Horario de mañá / Calendario – Horario de tarde
Convocatorias









