A Xunta estuda novas colaboracións coa FEGABA en materia de igualdade e loita contra a violencia de xénero

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, reuniuse hoxe co noso presidente FEGABA, Julio Bernárdez, e outros membros da xunta directiva e equipo de traballo para estudar posibles vías de colaboración en materia de promoción da igualdade e de loita contra a violencia de xénero.

Neste sentido, Bernárdez trasladou á conselleira o proxecto ‘Social Basket’, a través do cal o Baloncesto galego realiza actuacións nos ámbitos da igualdade, a integración social, a saúde, a formación, a sustentabilidade e a prevención da violencia machista.

 

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram