
Como cada semana de competición, remitimos os listados oficiais de xogo das diferentes ligas e Copas Galicia que serán foco de atención esta fin de semana.
Neste caso, o interese repártese en diferentes puntos, podendo desfrutar, en primeira plana, este sábado e domingo, das Fases Finais da Copa Galicia Infantil e da estrea das Ligas FGB de 1º división Júnior e Cadete, así como da liga sénior masculina de referencia, a Clínica Gaias 1º División Masculina.
Pola súa banda, continúan afrontando as súas primeiras xornadas as competicións zonais de 2º división, 3º e 4º. En oposición, as Copas Galicia Minibasket e Autonómica Feminina viven a penúltima e última xornada, respectivamente, das súas fases previas.
Trocos
Lembrar que os posibles cambios que se realicen nos encontros ( mudar data, hora, sede ou orde de xogo), actualizaranse nos listados dende esta mesma tarde de mércores.
Designacións Arbitrais: 15/10/14 – 22/10/14
Horarios e Datas: Segundas Divisións
Horarios e Datas: Cuarta División
Horarios e Datas: Copas Galicia
Fase Final Copa Galicia Infantil
Horarios e Datas: Primeiras Divisións
Horarios e Datas: Terceira División










