A Federación Galega de Baloncesto activa a venda de entradas e abonos para a XXXVIII Copa Galicia Feminina. A Fase Final da competición copeira, que nesta edición conta co Concello de Narón como sede, disputarase no Pavillón Polideportivo de A Gándara os vindeiros 19 e 20 de setembro, con horarios xa confirmados e a VENDA de ENTRADAS e ABONOS dispoñibles desde este mesmo mércores, 11 de setembro.
O acceso á compra de ABONOS para os tres partidos programados, e ás ENTRADAS DE DÍA pode realizarse a través da plataforma Ataquilla.com con prezos desde o 11.60 euros.
As dúas semifinais celebraranse o venres ás 18:30 horas e 21:00 horas, e a final o sábado 20 ás 20:00 h.
O sorteo dos enfrontamentos de semifinais, para as cales xa están clasificados Durán Maquinaria Ensino, Baxi Ferrol e Celta Femxa Zorka, realizarase o vindeiro luns, 15 de setembro, ás 12:00h.
Venda de ENTRADAS DE DÍA – Ataquilla.com
Venda de ABONOS – Ataquilla.com
*Os menores de seis anos poderán acceder sen entrada.










