A Federación Galega de Baloncesto, en colaboración co Concello da Coruña e o Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE), anuncia o inicio da venda de abonos para a XXXIX edición da Copa “Xunta de Galicia” Sénior Masculina. A competición disputarase os días 5 e 6 de setembro no Coliseum da Coruña, volvendo á cidade coa Copa case dúas décadas despois da súa última celebración nela.
Os ABONOS, que dan acceso aos tres partidos programados, están xa dispoñibles online a través da plataforma Ataquilla, con prezos entre 18 e 30 euros. Ademais, a venda de entradas individuais comezará o xoves 28 de agosto, coincidindo co sorteo dos enfrontamentos. En xogo estarán Leche Río Breogán, Monbus Obradoiro, Club Ourense Baloncesto e Leyma Coruña.
O Coliseum acollerá as dúas semifinais o venres 5 de setembro, ás 18:30 e 21:00 horas, e a final o sábado 6 de setembro ás 20:00 horas. A volta da Copa “Xunta de Galicia” a A Coruña supón unha nova oportunidade para vivir o mellor baloncesto galego con gran ambiente.
Os abonos xa están dispoñibles desde 19,60 euros, con prezos reducidos para os menores de 16 anos. Poden adquirirse de xeito online a través de Ataquilla e de xeito presencial nas Taquillas (IMCE) da Praza de Ourense, na propia cidade de A Coruña.
Abonos XXXIX Copa “Xunta de Galicia” Sénior Masculina










