– A sede muda ao Parque da Xunqueira e seguen abertas as inscricións tanto para esta cita como para as de Vigo e A Estrada.
A Federación Galega de Baloncesto (FEGABA) comunica que a primeira parada do circuíto “3×3 URBAN – Deputación de Pontevedra”, prevista inicialmente para este fin de semana en Vilagarcía de Arousa, reprográmase para os días 1 e dous de agosto por cuestións loxísticas.
A cita muda tamén a o seu escenario, pasando a celebrarse no Parque A Xunqueira, onde se ubicarán dúas pista de xogo oficiais.
A Federación pide desculpas polas molestias causadas aos equipos que xa formalizaran a súa inscrición e agradece á Deputación de Pontevedra a súa comprensión e colaboración de cara a esta modificación. Ao mesmo tempo, anima a todos os equipos a seguir inscribíndose e a formar parte deste circuíto co seu novo calendario.
Inscrición
Desde este venres, 10 de xullo, permanece activo o novo prazo de inscrición para a cita de Vilagarcía de Arousa, que se suma aos xa activos para as convocatorias do circuíto en Vigo (Porto de Vigo, 18 e 19 de xullo) e A Estrada (Praza do Concello, 29 e 30 de agosto).
A participación no circuíto é aberta a xogadores e xogadoras federados e non federados, en categorías dende Minibasket ata Júnior.
En cada sede, a competición organizarase en dúas xornadas: o primeiro día disputaranse as categorías Minibasket e Infantil, ambas mixtas, mentres que o segundo día será a quenda de Cadete e Júnior, con diferenciación entre competición feminina e masculina/mixta segundo o número de equipos inscritos.
Os equipos, formados por un mínimo de tres e un máximo de catro xogadores/as, deberán designar un responsable maior de idade que actúe como interlocutor coa organización. O número de prazas é limitado por categoría e sede, asignadas por orde de chegada das solicitudes.
A Normativa do Circuíto, así como os formularios de inscrición para cada sede están aquí dispoñibles:
Vigo – 18 de Xullo / Categorías Minibasket e Infantil – Inscrición Pechada.
Vigo – 19 de Xullo / Categorías Cadete e Júnior – Inscrición Pechada.










