A nova etapa do Comité Galego de Árbitros (CGAB) xa está activa.
A primeira reunión de traballo de Daniel L. Illán como Director Técnico CGAB xunto ao Presidente; Julio Bernárdez, a directora Xeral, Susana Fernández; e a Secretaria do CGAB, Susana García; marcou este mesmo martes o inicio dunha renovada dinámica.
Aspectos de relevancia a nivel técnico formaron parte da conversa, na que tamén se estableceu como obxectivo inmediato o afianzar as vías de colaboración entre o CGAB e os clubs galegos.
Nesta liña, a presenza do novo Director Técnico nas diferentes reunións presenciais que se están a realizar cos clubs nesta temporada será un valor constante. Nas mesmas, dende a dirección do CGAB farase fincapé na posibilidade de incrementar a respectuosa colaboración cos clubs en aspectos formativos, deportivos e educativos.










