
A Área Deportiva FGB, da man da súa responsable zonal en Lugo, Julia Pena; activa para este domingo, 28 de febreiro; convocatoria aberta de Centro de Tecnificación dirixido a todos os clubs da Zona de A Mariña.
Galería de Imaxes – Programa Tecnificación 15/16
Con sede en Foz, en concreto no Pavillón de Marzán; o departamento técnico FGB traballará con todos aqueles xogadores e xogadoras nados nos anos 2007 e 2006 que os clubs decidan incorporar a esta actividade.
O horario concreto que agarda a cada quenda de traballo, divididas neste caso segundo a idade, é o seguinte:
Delegación Lugo: A Mariña – 28/02/16
Convocatoria aberta
Sede: Pavillón Marzán (Foz)
Categorías:
2007 masculino e feminino: 17:00 h a 18:30 h
2006 masculino e feminino: 18:30 h a 20:00 h










