
Federación Galega de Baloncesto e Colexio Manuel Peleteiro lideran xuntos un importante proxecto formativo. A institución educativa santiaguesa e a entidade federativa suman os seus esforzos asinando un acordo de ámbito formativo co obxectivo de por en marcha un CICLO INICIAL DE GRADO MEDIO EN BALONCESTO.
A Dirección do Colexio Manuel Peleteiro e os máximos responsables FGB atópanse actualmente en plena etapa de estrutura e afianzamento deste proxecto, o cal aspira a materializarse na capital de Galicia, nas propias instalación do centro de ensinanza.
Ambas institución traballan nestes intres por cumprir e acelerar, na medida das posibilidades legais vixentes, os trámites precisos para que esta etapa formativa poida iniciarse no primeiro trimestre do vindeiro ano 2017.












