Celebramos o Nadal na FGB! Tradicionalmente, cada 22 de decembro, na Federación Galega de Baloncesto vivimos un momento moi especial: a resolución dos premios do Certame da Postal de Nadal. Gracias a este concurso escollemos o deseño co queremos felicitar as festas a todos e todas as federadas e a todas aquelas persoas que sinten paixón polo noso Deporte.
Nesta ocasión, na que celebramos a XII edición do Certame, a postal gañadora pertence a Irene Rioseco Cuerpo, xogadora de 8 anos de Baxi Ferrol. Coa súa proposta Irene traenos ademáis un bonito conto co Baloncesto e Papa Noel como principais protagonistas.
2º Premio
Pola súa banda, a edición 2021 do Certame concede o segundo premio o traballo de Pablo Framiñán Rodríguez (14 anos), xogador do CLB.

2º Premio
Tanto Irene como Pablo, aos que lles traslamos os nosos máximos parabéns, recibirán un completo lote de agasallos nos que colaboran especialmente Leyma Natura e Amura.
Gracias!
Un ano máis queremos aproveitar este momento para agradecer o compromiso de todos os restantes participantes no Certame, cos cales nos poremos en contacto a través das Delegacións Zonais FGB ou os seus respectivos clubs para poder recoñecerlles cun detalle individual. Bo Nadal!!










