
O pasado 17 de abril do 2015 celebrouse en Santiago de Compostela a asemblea xeral ordinaria da Unión de Federacións Deportivas Galegas (UFEDEGA), entidade da que é parte activa a Federación Galega de Baloncesto.
Entre outros capítulos, na citada asemblea a UFEDEGA constituíu a súa Xunta directiva, na que a FGB está representada polo seu Presidente, Francisco Martín, elixido como vogal.
A composición completa desta Xunta establécese da seguinte forma:
Presidente: Isidoro Hornillos (Atletismo)
Vicepresidente: Gustavo Falqué (Fútbol)
Tesoureiro: Mario Muzas (Judo)
Secretario: Paco Villanueva (Triatlón)
Vogais: Victor Maiztegui (Aeronáutica); Iván Corral (Automobilismo); Francisco Martín (Baloncesto); José L. Pérez (Balonmán); Javier Nogueira (Caza); Juan Carlos Muñiz (Ciclismo); Carmen Barro (Karate); Carlos Bremón (Natación); Alberto Arufe (Orientación); Juan Carlos Eiriz (Taekwondo) e José Angel Luna (Voleibol).










