
A Federación Galega de Baloncesto comunica a posta en marcha do mecanismo para a celebración da súa Asemblea Extraordinaria co gallo da convocatoria de Eleccións a Presidente e Comisión Delegada.
A entidade federativa levará a cabo a indicada Asemblea Extraordinaria o vindeiro mércores, 30 de xullo, na súa sede central en Santiago de Compostela (Estadio Multiusos de San Lázaro, Porta 14).
Os asembleistas FGB, requiridos en tempo e forma, están chamados a participar a partir das 17:00 h en primeira convocatoria e a partir das 17.30 h en segunda. Á orde do día establecida para a ocasión é a seguinte:
1. Reconto dos membros presentes.
2. Convococatoria de Eleccións a Presidente e Comisión Delegada.
3. Aprobación do Regulamento e Calendario Electorais.










