A FEGABA estrea nova web

Mudamos de pel. Nova imaxe completa, nova web e en breve novos servizos a través da app!

Mantendo a nosa esencia, pero renovando e refrescando os tempos, hoxe contamos coa nosa nova web activa, mantendo o seu o enderezo www.fegaba.com pero actualizando o seu deseño e estrutura para dar ofrecer os distintos tipos de informacións, documentacións, normativas e formación de xeito máis visible, útil e directo.

Acompáñannos neste cambio unhas novas cores, que establecen unha nova ligazón con nós, co Baloncesto de GALICIA, coa FEGABA.

As incorporacións na webs seguirán chegando co inicio da inminente nova temporada 23 -24. E o mesmo camiño seguiremos en breves datas na nosa APP, con importantes novidades de personalización por federado e seguimento de partidos.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram