A FEGABA e Miguel Ángel Pérez Pérez separan os seus camiños

A Federación Galega de Baloncesto e Miguel Ángel Pérez Pérez conclúen oficialmente a súa vinculación tras máis de 13 anos de traballo conxunto.

A FEGABA anuncia a saída de Miguel Ángel Pérez como director técnico do Comité Galego de Árbitros, cargo ao que chegou en outubro de 2011 e co que tivo a oportunidade de abrir novos camiños para a arbitraxe Galega, á que lle transferiu a súa experiencia, recollida tras 25 temporadas en Liga ACB, categoría da que se despediu a temporada pasada; e 22 como árbitro internacional FIBA e Euroliga, aínda en activo.

Queremos agradecer a Miguel Ángel a súa profesionalidade, traballo e compañeirismo durante todo este período como máximo responsable da Arbitraxe en Galicia.

Desexámoslle o mellor nos seus retos, tanto inmediatos como futuros.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram
Máis noticias