A Federación Galega de Baloncesto comprácese en anunciar a súa incorporación a GS360 Play, unha plataforma de streaming innovadora que promete transformar a forma de ver o baloncesto por afeccionados e corpo técnico.
GS360 Play nace co obxectivo de achegar un valor diferencial ao deporte en Galicia, ofrecendo a todos os clubs da Federación a posibilidade de retransmitir os seus encontros en directo. Desta maneira e a través do uso desta nova plataforma, búscase fortalecer o vínculo entre os seguidores e os equipos locais, avanzando cara a un modelo de comunicación máis accesible, moderno e conectado.
Ademais, esta retransmisión en streaming permitirá aos clubs da Federación Galega de Baloncesto mellorar o seu desenvolvemento estratéxico, proporcionando un recurso clave para adestradores e xogadores a través do videoanálise táctico. Sen dúbida, toda unha solución tecnolóxica que favorece o crecemento e a competitividade dos clubs.
Para a Federacion Galega de Baloncesto, esta alianza con GS360 Play supón un paso decisivo na aposta pola innovación e o crecemento do baloncesto rexional, un fito na dixitalización e visibilidade do deporte galego e un compromiso conxunto que busca potenciar a calidade dos deportistas da nosa terra, brindando novas oportunidades a clubs, xogadores e afeccionados.












