- A Federación Galega de Baloncesto (FEGABA) inicia neste 2025 a súa expansión europea a través da súa participación no programa Erasmus+ Sport, proxecto da UE que apoia á mocidade, á educación e ao deporte no marco europeo.
- A participación da FEGABA vén da man de dous proxecto: “REBOUND” e “BASKET BRIDGES”.
A Federación Galega de Baloncesto abre o 2025 coa súa integración en “Erasmus+ Sport”, proxecto da UE que apoia á mocidade, á educación e desenvolve a dimensión europea do Deporte.
A presenza da FEGABA neste escenario materializarase a través de dous proxectos diferentes, contando en cada un deles con institucións e clubs de diferentes países europeos como asociados.
Nun marco de traballo que se iniciará neste mes de xaneiro e se estenderá ata o 2027, a FEGABA tomará parte activa en dous proxectos: “REBOUND” e “BASKET BRIDGES”.
“REBOUND” ten como obxectivo integrar principios de economía circular nos clubs de Baloncesto para promover prácticas sostibles. Pola súa banda, “Basket Bridges” busca a integración da poboación inmigrante a través do Baloncesto.
Esta nova etapa europea traerá consigo actividades formativas e de inclusión nas que o Baloncesto Galego terá moito que aportar.










