A Federación Galega de Baloncesto convida a todos os clubs galegos a participar en “Canastras Contra o Cancro Infantil 2025”

O baloncesto demostrou a súa capacidade de mobilización e a súa unidade fronte a una mesma causa: o cancro infantil. Despois de que, o pasado febreiro, o basket español recadase máis de 187.000€, a iniciativa solidaria “Canastras Contra o Cancro Infantil” lanza a súa edición 2025 e convida da man da Fegaba todos os clubs galegos a sumarse “ao maior equipo do mundo contra o inimigo máis perigoso: o cancro infantil.

O ano pasado, a FEB e a Fundación Unoentrecienmil uniron forzas para crear a cita máis importante do basket solidario: Canastras Contra o Cancro Infantil. Nesta iniciativa, que levou a cabo durante os partidos do 10 e 11 de febreiro de 2024, convidouse os xogadores a converter os puntos que marcasen en euros de doazón para Unoentrecienmil.

O resultado foi abafador: uníronse máis de 44.000 xogadores de 347 clubs diferentes, recadando entre todos máis de 187.000€.

Este curso, a Federación Galega de Baloncesto uniuse á edición máis grande ata a data. O baloncesto galego súmase a federacións autonómicas de toda España e a ligas provinciais e municipais, demostrando unha vez máis o seu compromiso coa saúde e a infancia.

Os clubs galegos están convidados a sumarse ao equipo de basket máis grande do mundo, liderado este ano polos xogadores profesionais Felipe Reyes, Raquel Carrera e “Chacho” Rodríguez. Estas tres estrelas son a imaxe da iniciativa este ano, xunto con Dani, Ana e De la Fuente, tres mozos e mozas apaixonados do basket que viviron o cancro infantil en primeira persoa.

Os clubs interesados en participar teñen de prazo ata o 31 de xaneiro para inscribirse en canastascontraelcancerinfantil.org. Segue a preparación para esta significativa xornada nas redes sociais da Fundación Unoentrecienmil e mediante o hashtag #CanastasContraelCáncerInfantil.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram