
C.B. Breogán, Leyma Básquet Coruña, Rio Natura Monbus e Club Ourense Baloncesto agardan a hora do seu debut no primeiro compromiso oficial da temporada 2014 – 2015. A cidade de Lugo (Pazo dos Deportes) acolle esta fin de semana aos catro equipos galegos das máximas categorías para disputar unha nova edición da Copa Galicia Sénior Masculina.
A competición da pretemporada galega por excelencia celebra a súa XXIX fase final baixo a organización do C.B. Breogán e, de novo, poñendo en xogo un título desexado e cuxo palmarés lidera o equipo lucense con 11 copas no seu haber. Club Ourense Baloncesto con sete, Obradoiro CAB concatro e Sondeos del Norte con unha completan este cadro de éxitos.
A presente edición actívase este sábado a partir das 18:00 h cun enfrontamento entre o anfritrión, C.B. Breogán, e o equipo de Tito Díaz, Básquet Coruña. Acto seguido, a partir das 20.15 h, Río Natura Monbus Obradoiro e Club Ourense Baloncesto dilucidarán a segunda semifinal.
Xa na mañá de domingo, ás 13:00 h, está programada a final, coas cámaras da TVG en directo para dar conta do que ocorra e amosar a toda Galicia que equipo se alza coa súa Copa.
Designacións Arbitrais
Semifinais – 13/09/2014
(18:00 h) C.B. BREOGAN LUGO – LEYMA BASQUET CORUÑA
Árbitros: Carlos Cortés, Daniel Pazos e Cristian Martín.
(20:15 h) RIO NATURA MONBUS OBRADOIRO – CLUB OURENSE BALONCESTO
Árbitros: Miguel Ángel Pérez Pérez, Jacobo Rial e Alejandro Pérez.
Final – 14/09/2014
Árbitros: Carlos Cortés, Jacobo Rial e Daniel Pazos.
Entradas
Lembrar que as entradas atópanse á venda nas oficinas do CB Breogán no Pazo dos Deportes de Lugo cos seguintes prezos:
BONOS PARA DÚAS XORNADAS:
-ADULTO (>18): 15 €
-INFANTIL (<18): 10 €
ENTRADAS POR XORNADA:
-ADULTO (>18): 10 €
-INFANTIL (<18): 8 €
ENTRADA GRATUITA PARA MENORES DE 6 ANOS










