A X promoción da Escola Galega de Árbitros abre este venres o seu camiño de formación.
A ESGAR, proxecto didáctico do Comité Galego de Árbitros que desde o ano 2015 ofrece unha oportunidade de crecemento e impulso a árbitros novos de toda Galicia, celebra este 14 de novembro a súa sesión inaugural da temporada, e faino repetindo sede de anos anteriores: Colexio San José de Cluny, en Compostela
29 alumnos de entre 16 e 22 anos e procedentes dos sete comités zonais FGB configuran o grupo de traballo ESGAR desta 2025 – 2026 e estarán encabezados por Adrián Álvarez, Árbitro FEB Grupo 3, novo xefe de estudos da Escola.
Dende hoxe mesmo, e ata o mes de xuño, a ESGAR impartirá clases presenciais, charlas online e sesións en pista co oxectivo da mellora técnica e a proxección do seu alumnado.
Á guía do Xefe de Estudos, sumaranse nesta meta diferentes técnicos CGAB e diversos profesionais da arbitraxe a nivel nacional.
Os protagonistas desta X edición da ESGAR serán:
Comité Zonal Arousa
Olivia Muíño Cotón
Telmo Vizoso López
Comité Zonal Coruña
Hugo Boo Álvarez
Marcos Díaz Brandón
Martín Esquinas Blanco
Antón Negreira Codesido
Comité Zonal Ferrol
Pablo Aguiar Blanco
Juan Baena Amado
Sara Bouza Sánchez
Kiara Fernández Sánchez
Miguel Ordoñez Basoa
Miguel Meizoso Pico
Comité Zonal Lugo
Natalia Edrosa Crecente
Noelia Espiño Berredo
Marcos García Sáez
Comité Zonal Ourense
Marcos Ferro Corbillón
Carlos Ferro Corbillón
Javier Gómez Vázquez
Vladyslav kolomoites
Diego López Aragón
Comité Zonal Santiago
Lucas Beiras Fernández
Ernesto Lorenzo Bellet
Ángel Parente Domínguez
Roi Rodríguez Vázquez
Comité Zonal Vigo
Daniel Caride Martínez
Hugo Champeme Godino
Miguel Gutiérrez Pahino
Pablo Martínez Vidal
Roque Sancho Rodríguez










