A Escola Galega de Adestradores renova a súa dirección e equipo docente

A Federación Galega de Baloncesto continúa a súa aposta pola formación e actualiza a Escola Galega de Adestradores (EGA), que inicia unha nova etapa na tempada 2025–2026 con cambios na estrutura organizativa e docente.

A principal novidade é a incorporación de Chete Pazo como novo director da Escola, tomando a remuda na coordinación e liderado do proxecto formativo da FEGABa. Xunto a el, confórman o equipo técnico encargado do bloque específico dos cursos de formaciónRubén Vázquez, Pablo Abuín, Carlos Maceiras e Marcos Vázquez; todos eles profesionais con ampla experiencia e vencellados á área técnica da Federación. No caso de Marcos Vázquez asumirá ademais o papel de responsable directo da plataforma online educativa da EGA, base imprescindible dos cursos. 

Desde a Federación Galega de Baloncesto queremos expresar un sincero agradecemento a Carlos Colinas, director saínte da EGA e impulsor da mesma, polo seu compromiso incansable coa formación de adestradores e adestradoras en Galicia. O seu traballo rigoroso, a súa visión estratéxica e a súa aposta decidida pola excelencia foron claves para elevar a calidade e o prestixio dos programas formativos FEGABA, deixando unha fonda pegada que seguirá inspirando esta nova etapa.

Esta nova estrutura da EGA responde ao obxectivo de continuar esta liña de formación de calidade, actualizada e adaptada ás necesidades do baloncesto galego, abranguendo desde os cursos de iniciación ata os niveis superiores, cun enfoque práctico e descentralizado que leva as actividades a diferentes puntos de Galicia.

A nova tempada arrincará cun calendario de cursos, obradoiros e eventos didácticos que será anunciado proximamente. Toda a información estará dispoñible a través dos noso canais oficiais.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram
Máis noticias