– Pontevedra acollerá o 6 de decembro unha xornada formativa baixo este formato con dous recoñecidos especialistas.
– Este novo seminario, organizado pola Escola Galega de Adestradores, conta co apoio e colaboración do CAB Pontevedra.
A Escola Galega de Adestradores (EGA) activa a convocatoria dun novo “Seminario Monográfico Formativo” que terá lugar o próximo 6 de decembro, de 10:00 h a 14:00 horas, no Pavillón Frei Martín Sarmiento de Pontevedra.
A actividade contará coa participación de dous relatores de primeiro nivel, enfocando especialmente a temática das súas sesións nas categorías de infantil ata júnior,
Alberto Blanco, actualmente adscrito á Federación de Baloncesto de Acerbaixán, abrirá a xornada ás 10:00 horas co relatorio “Principios do Xogo a Tres: Sinerxias tácticas entre 5×5 e 3×3”.
Ás 12:00 horas, será Rui Gomes, por parte da Associação de Basquetebol do Porto, quen presentará a “Defensa do xogador sen balón. Construción e Desenvolvemento dende etapas formativas – tecnificación – sénior”.
Inscrición
A inscrición, completamente de balde, realizarase co proceder habitual da Escola Galega de Adestradores vía FORMULARIO ONLINE. O prazo para solicitar a participación rematará o día 5, ás 14:00 h.
Validación horaria
Os asistentes que realicen cursos da EGA durante a presente tempada 2025-2026 poderán validar a súa asistencia a este seminario por un total 10 horas de formación continua.












