A Escola Galega de Adestradores activa a inscrición dos cursos de Nivel 1 e Nivel 2 – 2026-2027

A Escola Galega de Adestradores pon en marcha unha nova edición da formación autonómica de adestradores para os Niveis 1 e 2, cun modelo semipresencial que combina sesións na Academia Galega de Seguridade Pública, en A Estrada, con formación online a través da Plataforma específica FEGABA para Adestradores.

Nivel 1 2026 – 2027 

A fase presencial concentrarase en dúas fins de semana:12 e 13 de setembro e 31 de outubro e 1 de novembro de 2026.

A formación completarase coa fase online, de asistencia igualmente obrigatoria. O calendario detallado e a estrutura didáctica están recollidos na Guía Didáctica de Nivel 1 2026 – 2027

A Inscrición neste nivel, cunha cota de 400 €, permanecerá aberta do 7 de xullo ao 8 de setembro (12:00 h). As prazas dispoñibles nesta edición son un total de 80.

Nivel 2 2026 –  2027

Nun chanzo máis, no Nivel 2, a fase presencial repartirase en tres momentos ao longo do curso, xa en 2027: 2 e 3 de xaneiro, 9 e 10 de xaneiro e 1 e 17 de maio,

Esta edición do Curso oferta un total de 75 prazas e a súa celebración queda suxeita a acadar un número mínimo de inscricións. A Guía didáctica correspondente recolle o resto de información sobre a fase online.

A Inscrición poderá realizarse ata o 23 de decembro (12:00 h).

Como inscribirse

A inscrición individual xestiónase a través da TENDA FORMATIVA FEGABA. Cando é o club quen tramita a inscrición (Vía transferencia ou TENDA), debe enviar xustificante de pago e datos do alumno (nome completo, DNI, data de nacemento, email e club de orixe) a adestradores@fegaba.com. 

Calquera dúbida sobre o proceso pode resolverse en egadestradores@fegaba.com.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram
Máis noticias