A formación, en formato híbrido, desenvolverase ao longo do mes de febreiro na Delegación FEGABA
A Escola Galega de Adestradores (EGA) lanza unha nova convocatoria do Curso de Nivel Iniciación, que se impartirá na cidade de Vigo durante o mes de febreiro en modalidade híbrida, combinando sesións presenciais e clases en liña.
Datas e horarios
Sesións en liña: 18, 19, 20, 25, 26 e 27 de febreiro, de 20:00 a 22:00 h.
Fase presencial: 21 e 22 de febreiro no Colexio NSEsperanza (Vigo), de 10:00 a 14:00 h e de 16:00 a 21:00 h.
Inscrición
O prazo permanecerá aberto ata o 12 de febreiro e pode realizarse a través de dúas vías:
Inscrición individual: na Tenda online FEGABA. Se o pago non o realiza directamente o alumno ou alumna, deberá incluírse no apartado “Notas do pedido” o nome completo, data de nacemento, DNI, correo electrónico de contacto e club de orixe (se o hai).
Inscrición a través do club: enviar o xustificante de pago e os datos persoais completos (nome, DNI, data de nacemento, correo electrónico e club) a adestradores@fegaba.com.
Toda a información sobre o curso está dispoñible na Guía Didáctica do Nivel Iniciación.












