A Federación Galega de Baloncesto, a través da Escola Galega de Adestradores (EGA), organiza unha nova edición do Laboratorio de Minibasket, un formato de formación práctica baseado na observación e análise de encontros reais.
Nesta ocasión, a actividade desenvolverase no marco do XII Torneo de Seleccións Minibasket “Concello de Marín”, que terá lugar os días 14 e 15 de febreiro. O alumnado dos Cursos EGA terá a oportunidade de traballar sobre os partidos que disputen as Seleccións Galegas, aplicando ferramentas de observación activa e reflexión sobre o xogo en categorías de formación.
Formación presencial ou virtual
Unha das novidades desta edición é a posibilidade de participar de xeito non presencial. O traballo de análise poderase realizar tanto en directos nos pavillóns que acollen o Torneo como desde casa, seguindo os encontros a través das retransmisións en directo de FEGABA TV.
Cada partido analizado certificarase con 3 horas de formación complementaria. As conclusións do traballo de cada alumno ou alumna enviaranse mediante un FORMULARIO ONLINE habilitado para tal efecto. Cada alumno deberá enviar un formulario independente por cada encontro analizado.
Aprender satisfacción o xogo real
O Laboratorio de Minibasket é unha iniciativa da EGA que busca achegar a formación ao contexto real de xogo, permitindo aos adestradores e adestradoras en formación observar, reflexionar e extraer aprendizaxes aplicables ao seu traballo diario nas pistas.












