A EGA convoca os cursos de Nivel 1 e Nivel 2 2025 – 2026

  •  A formación iniciarase no mes de setembro en ambos os niveis coas aulas presenciais, proseguindo posteriormente a través da plataforma online da FGB.
  • A Fase Presencial terá lugar no Concello de A Estrada, grazas á colaboración da Academia Galega de Seguridade Pública.
  • O Prazo de inscrición estenderase ata o vindeiro 5 de Setembro.

A Escola Galega de Adestradores activa as convocatorias 2025 – 2026 para o Curso de Nivel 1 e Curso de Nivel 2 de ámbito Federativo.

Co mes de setembro como punto de partida para o inicio da formación en ambos casos, a EGA abre prazo de inscrición en ambos os Niveis, que contarán cunha formación SEMIPRESENCIAL e de máxima calidade.

A información puntual (requisitos por Nivel, carga lectiva, prazas hábiles en cada caso, cota de inscrición) permanece xa dispoñible nas GUÍAS DIDÁCTICAS correspondentes

INSCRICIÓN

O Proceso de inscrición para ambos os Niveis ábrese este mesmo venres, 11 de xullo; e permanecerá aberto ata o 5 de setembro.

Tanto para o NIVEL 1 como para o NIVEL 2 existirán dúas vías: 

– As persoas que se inscriban e abonen o curso de xeito particular e individual deben tramitar o proceso a través da nosa TENDA FEGABA para as accións formativas.

–  Aqueles adestradores cuxa inscrición e abono da mesma se realice a través do seu club, deberán enviar a adestradores@fegaba.com o xustificante de pago e a reseña dos seus correspondentes datos persoais (Nome completo, DNI, data de nacemento, email de contacto do alumno e club de orixe). A conta de ingreso neste caso é: ES96 2100 1455 14 0200227406.

Ante dúbidas e consultas neste proceso o email de contacto é egadestradores@fegaba.com

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram
Máis noticias