A Copa Galicia Sénior Masculina regresa a A Coruña

(Info: Concello de A Acoruña). A Copa Galicia de Baloncesto volverá celebrarse na Coruña, os días 5 e 6 de setembro, reunindo a CB Breogán, Obradoiro CAB, Club Ourense Baloncesto e Básquet Coruña 19 anos despois da súa última edición na cidade.

A presentación oficial celebrouse este xoves no Salón de Sesións do Pazo Municipal coa presenza da alcaldesa da Coruña, Inés Rey; do xefe de Servizo Provincial de Deporte da Xunta de Galicia, Roberto García; do concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez; e do presidente da Federación Galega de Baloncesto, Julio Bernárdez.

En representación dos clubs participantes interviñeron: Carmen Lence, presidenta do Leche Río Breogán; Rafael Silva, conselleiro do Monbus Obradoiro; Sergio Pérez Anagnostou, director deportivo do Club Ourense Baloncesto; e, polo Leyma Coruña, Miguel Valín, vicepresidente, e Carlos Uzal, director deportivo.

Tamén estiveron presentes a directora xeral da FEGABA, Susana Fernández Fiuza; o director comercial da federación, José Cobelo López; o xuíz único do Comité de Apelación, Miguel Juane; e o xefe de prensa do Monbus Obradoiro, Pablo Va Vroenhoven.

O torneo, organizado pola Federación Galega de Baloncesto, conta co apoio do Concello da Coruña e do IMCE, que pon a disposición a instalación municipal do Coliseum para a celebración desta cita. A distribución dos partidos anunciarase nos vindeiros días.

Inés Rey salientou que “a Copa Galicia reúne á elite do noso baloncesto e este ano volverá a sentirse en A Coruña, diante dunha afección que sempre responde e que enche de vida a cidade”. A alcaldesa lembrou que a última vez que a Coruña foi sede desta competición foi no 2006 e subliñou que “19 anos despois, esta Copa Galicia é tamén unha oportunidade para impulsar o noso comercio, a nosa hostalaría e a proxección da Coruña como cidade aberta, dinámica e apaixonada polo deporte”.

O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, destacou que “esta cita é unha ocasión para gozar do mellor baloncesto galego e tamén para que A Coruña demostre, unha vez máis, que está preparada para organizar eventos deportivos de máximo nivel”.

A celebración da Copa Galicia no Coliseum, instalación municipal xestionada polo IMCE, reafirma o compromiso do Concello con atraer grandes eventos deportivos e consolidar a Coruña como referente autonómico e nacional na organización deste tipo de competicións.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram
Máis noticias