– O Pavillón da Gándara, en Narón, foi o escenario do sorteo que determinou os enfrontamentos da penúltima rolda da competición, que terá lugar o venres 19, deixando a final para o sábado 20.
– O Concello de Narón e a Federación Galega de Baloncesto (FEGABA) colaboran na organización desta XXXVIII edición para garantir o éxito dunha competición que representa o máximo expoñente do baloncesto feminino galego.
A emoción da XXXVIII Copa Galicia Feminina está servida. O sorteo celebrado esta mañá no Pavillón da Gándara, en Narón, decidiu os cruces das semifinais, que medirán o vindeiro venres, día 19, a Durán Maquinaria Ensino contra Maristas Coruña (18:30 h) e Baxi Ferrol contra Celta Femxa Zorka (21:00 h). As gañadoras xogarán a final o sábado 20 ás 20:00 horas.
O acto contou coa presenza da alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro; a delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros; o presidente da Federación Galega, Julio Bernárdez; e a Vicepresidenta FEGABA, Susana García quen subliñou que “esta Copa é o escaparate perfecto para visibilizar o talento do noso baloncesto feminino”. “A presenza da Copa en Narón é tamén unha homenaxe á última gran temporada que Baxi Ferrol nos regalou a todos”, salientou.
Pola súa parte, a Delegada Terrritorial da Xunta en Galicia, Martina Aneiros; remarcou a calidade dunha “máis que consolidada Copa Galicia, da que 38 edicións falan por por si soas”.
“É un orgullo se celebre en Narón, e nun momento tan extraordinario para o Baloncesto Galego e, en especial, no baloncesto femenino” concluiu.
Finalmente, a alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro; pechou a presentación louvando a celebración dunha edición de Copa Galicia que “permitirá que as nosas deportistas desfruten sobre a pista de auténticos referentes”.
Nesta liña, amosou, unha vez máis, “o apoio indubidable do Concello ao deporte feminino”.
Venda de entradas
As entradas individuais e abonos continúan á venda a través de Ataquilla.com.










